lunes, 8 de mayo de 2023

Escola Municipal de Música de Santiago

Prezadas familias:

O pasado día 5 abriuse o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Santiago, dirixida a persoas  empadroadas no Concello de Santiago ou que curse estudos da ensinanza obrigatoria ou estudos de grao medio, superior ou estudos universitarios en Santiago de Compostela.


Un saúdo


jueves, 14 de octubre de 2021

Dende a Federación de ANPAS Compostela organiza o martes, 19 de outubro, unha charla para afondar na participación activa das familias na prevención da violencia de xénero. 




Esta é a información que nos fixeron chegar para darlle a maior difusión posible:

CHARLA: A implicación das familias na prevención da violencia de xénero.
(Dirixida a familias do alumnado de Educación Infantil e Primaria)

A violencia de xénero é un problema estrutural e sistémico no que todas as institucións temos que implicarnos conscientemente. Nesta charla conversaremos sobre as formas nas que, sen nos decatar, podemos chegar a reproducir modelos, formas de pensar, estereotipos discriminatorios, ou alentar condutas que non propician o cambio que desexamos. Trataremos de comentar aspectos das relacións afectivas familiares que si inciden positivamente na eliminación desta violencia.

Relatora: Amada Traba, profesora da Universidade de Vigo.

Data: 19 de outubro de 2021
Hora: 17:30 horas
Lugar: Presencialmente no local da FANPA COMPOSTELA, Rúa Estocolmo, 8 - Compostela.
(O aforo do local é limitado polo que unha vez se chegue a 12 inscritos/as "presenciais", o resto de inscritas deberán asistir vía online)

As inscricións faranse en liña, cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/ft5mnkwGdKnCiwSH8

Agardamos que esta información sexa do voso interese.

 

miércoles, 15 de enero de 2020


Nos escriben de 7H Cooperativa Cultural para informarnos da apertura das inscricións ao OBRADOIRO de introdución Á BANDA DESEÑADA para crianzas que realizarán o próximo 30 de xaneiro, Día da Ilustración, na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

NARRAR EN VIÑETAS. OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á BANDA DESEÑADA

Impartido polo ilustrador Jorge Campos, premio da Gala do Libro 2017 polo cómic "Alter·Nativo" e autor das bandas deseñadas  “Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida” e do recentemente publicado “Atlas da Galicia pequeniña”, o obradoiro permitirá aos participantes coñecer trucos e referentes do cómic, atendendo especialmente ao traballo das mulleres ilustradoras, para realizar a súa propia historia.
📅 Data e horario: xoves 30 de xaneiro de ás 18:30h.
 Participantes: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.
💡Prezo: de balde
📝Inscricións: https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/narrar-en-vinetas-obradoiro-de-introducion-banda-desenada. Lembran que a persoa participante ten que ter o carné da biblioteca no momento da inscrición.

martes, 12 de noviembre de 2019

Obradoiro de Cociña saudable

Dende a Federación de ANPAS de Compostela nos fan chegar a seguinte información:

Ola a todos e a todas,

queremos informarvos que o próximo venres 15 de novembro de 17:00h a 19:00h imos ter no Local da Federación un Obradoiro de Cociña saudable.

Este Obradoiro constará de duas partes: unha Charla e outra parte práctica onde logo poderemos degustar o resultado do que se cociñe.  Vai tratar de demostrar que para comer saudablemente non fai falta moito tempo; só cos productos de tempada e cos que temos próximos xa abondaría. 

IMPARTE:  Lorena Fernández - Escola Vital
LUGAR:  Local Federación Galega de ANPAs Compostela, Rúa Estocolmo,8
HORA:  17:00h a 19:00h
INSCRICIÓN:  anpascompostela@gmail.com
LUDOTECA:  Previa solicitude ata o mércores 13 (mínimo 3)



viernes, 25 de octubre de 2019

Actividades de Samaín no CSC Agustín Bueno

Dende o CSC Agustín Bueno nos informan das actividades que van a levar a cabo para o Samaín.

Asimesmo nos fan chegar unha campaña informativa destinada a pais e nais sobre seguridade nesta festividade.


miércoles, 5 de junio de 2019

Grupo de Axuda Mutua TDAH

Nos informan dende Fundación Ingada do seguinte evento.

DE INTERESE PARA  TOD@S
Convidámosvos a un  novo Grupo de Axuda Mutua (GAM), para país, nais e profesionais que imos celebrar o próximo sábado 08 de Xuño ás 11:00 horas no  Centro  Sociocultural “Aurelio Garrido” de Conxo  (Plaza de Aurelio Garrido s/n) de Santiago, baixo o título “TDAH e trastornos do aprendizaxe”
Esta actividade é gratuíta previa inscrición no correo electrónico: ingada.santiago@gmail.com

Máis información en: