miércoles, 15 de enero de 2020


Nos escriben de 7H Cooperativa Cultural para informarnos da apertura das inscricións ao OBRADOIRO de introdución Á BANDA DESEÑADA para crianzas que realizarán o próximo 30 de xaneiro, Día da Ilustración, na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

NARRAR EN VIÑETAS. OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á BANDA DESEÑADA

Impartido polo ilustrador Jorge Campos, premio da Gala do Libro 2017 polo cómic "Alter·Nativo" e autor das bandas deseñadas  “Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida” e do recentemente publicado “Atlas da Galicia pequeniña”, o obradoiro permitirá aos participantes coñecer trucos e referentes do cómic, atendendo especialmente ao traballo das mulleres ilustradoras, para realizar a súa propia historia.
📅 Data e horario: xoves 30 de xaneiro de ás 18:30h.
 Participantes: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.
💡Prezo: de balde
📝Inscricións: https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/narrar-en-vinetas-obradoiro-de-introducion-banda-desenada. Lembran que a persoa participante ten que ter o carné da biblioteca no momento da inscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario