Ola a todos e a todas,
queremos informarvos que o próximo venres 15 de novembro de 17:00h a 19:00h imos ter no Local da Federación un Obradoiro de Cociña saudable.
Este Obradoiro constará de duas partes: unha Charla e outra parte práctica onde logo poderemos degustar o resultado do que se cociñe. Vai tratar de demostrar que para comer saudablemente non fai falta moito tempo; só cos productos de tempada e cos que temos próximos xa abondaría.
IMPARTE: Lorena Fernández - Escola Vital
LUGAR: Local Federación Galega de ANPAs Compostela, Rúa Estocolmo,8
HORA: 17:00h a 19:00h
INSCRICIÓN: anpascompostela@gmail.com
LUDOTECA: Previa solicitude ata o mércores 13 (mínimo 3)
No hay comentarios:
Publicar un comentario