Dende a Federación de ANPAS Compostela organiza o martes, 19 de outubro, unha charla para afondar na participación activa das familias na prevención da violencia de xénero.
Esta é a información que nos fixeron chegar para darlle a maior difusión posible:
CHARLA: A implicación das familias na prevención da violencia de xénero.
(Dirixida a familias do alumnado de Educación Infantil e Primaria)
A violencia de xénero é un problema estrutural e sistémico no que todas as institucións temos que implicarnos conscientemente. Nesta charla conversaremos sobre as formas nas que, sen nos decatar, podemos chegar a reproducir modelos, formas de pensar, estereotipos discriminatorios, ou alentar condutas que non propician o cambio que desexamos. Trataremos de comentar aspectos das relacións afectivas familiares que si inciden positivamente na eliminación desta violencia.
Relatora: Amada Traba, profesora da Universidade de Vigo.
Data: 19 de outubro de 2021
Hora: 17:30 horas
Lugar: Presencialmente no local da FANPA COMPOSTELA, Rúa Estocolmo, 8 - Compostela.
(O aforo do local é limitado polo que unha vez se chegue a 12 inscritos/as "presenciais", o resto de inscritas deberán asistir vía online)
Telemáticamente: https:// fanpacompostela.my.webex.com/ fanpacompostela.my/j.php?MTID= m28b9cf30b1faf97bea50800972332 f8e
As inscricións faranse en liña, cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/ ft5mnkwGdKnCiwSH8
Agardamos que esta información sexa do voso interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario