Somos
un grupo de veciños do barrio do Castiñeiriño interesados tanto
en compartir recursos e coñecementos como en recibir formación
sobre accións prácticas para reducir a nosa pegada ecolóxica.
Estamos
a formar un grupo de adultos interesados nestas temática cos
seguintes obxectivos:
-
Medir e reducir ao longo do programa a nosa pegada ecolóxica.
-
Mudar hábitos de consumo por outros menos agresivos
medioambientalmente e máis saudables.
-
Identificar problemas ambientais na contorna do barrio e propoñer
solucións viables aos problemas detectados.
-
Compartir recursos, coñecementos e experiencias de forma horizontal
entre nos.
Se
compartes estes intereses podes contactar das seguintes maneiras:
-
Na dirección de correo electrónico Ecocastineirino@gmail.com
-
Achegándote o martes 6 ás 19:30 o CC “Agustín Bueno” de O
Castiñeiriño para facer o calculo da pegada ecolóxica do teu
fogar.
Nos
dous casos agradeceríamos que nos achegaras a folla
de inscrición
(pinchando no enlace podes abrir o formulario en googleforms).
As
actividades previstas Hasta decembro son as seguintes:
• 1ª
semana de novembro: Calculo da pegada ecolóxica
• 3ª
semana de novembro: Alimentación ¿saudable? Charla. Relator por
confirmar.
• 1ª
semana de decembro: Xestión de residuos ¿Como reducir o noso
impacto nas datas que máis desperdicios se xeran? Relator por
confirmar.
Paralelamente
contemplamos a posibilidade de crear grupo/s de traballo temático/s
segundo o voso interese para o cal é importante que cubrades a folla
de inscrición.
Saúdos
e agardamos vervos pronto.
Ecocastiñeiriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario