A Coordinadora Galega de
ONGD e o Concello de Santiago poñen en marcha a cuarta edición de 'Compostela
+ Solidaria', un programa de sensibilización que se levará a cabo do 2 ao 13 de
abril en distintos espazos da cidade. Ao longo de dúas semanas programarán obradoiros,
charlas, xogos, proxeccións, performance, accións de rúa, etc. coa que a
cidadanía compostelá terá a oportunidade de coñecer de que forma pode 'mudar o
mundo' dende o seu día a día. Tamén, de divertirse e coñecer a realidade dos
países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e
xustas que, dende o ámbito local, contribúen a cambiar a realidade global.
Tedes máis información no seguinte enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario